Sinopse
O lobo parvo ten unha fame que non ve e recorre ós plans máis disparatados para intentar devorar a Polly. Menos mal que ela é unha nena moi astuta e consegue que ó lobo sempre lle saian as contas furadas! Os pequenos lectores escangallaranse coas metidas de zoco do aspirante a lobo feroz e coas solucións brillantes de Polly. Os lectores adultos agradecerán que o texto fomente o pensamento crítico, a confianza nun mesmo e a superación dos medos, reescribindo os contos clásicos para ben.